Thursday 28 de March de 2024

O goberno local Cambre apoia a mobilización en defensa da Sanidade pública


O goberno local de Cambre reuniuse onte cos representantes da entidade SOS Sanidade Pública Coruña que pediron apoio e implicación nas diversas mobilizacións que haberá durante o mes de febreiro co obxectivo de rexeitar a nova lei de saúde de Galicia, así como os recortes e privatizacións na sanidade galega.
Neste senso, lembran que haberá unha concentracións o vindeiro domingo día 4 de febreiro en Santiago de Compostela para esixir a mellora dos servizos na Sanidade e evitar os recurtes nesta área.

Tanto o alcalde, Óscar Patiño, como o primeiro tenente de alcalde, Juan Evaristo Rodríguez, trasladaron á plataforma SOS Sanidade Pública a súa vontade de apoiar estas reivindicacións con todos os medios posibles.

Asemade, lembraron que no pasado pleno municipal aprobouse unha moción de Asemblea Cidadá de Cambre en defensa da Sanidade na que tamén se fixo un chamamento a cidadanía para acudir a mobilización do día 4 de febreiro en Santiago.